miércoles, 27 de octubre de 2021

XXXV Foro Encrucillada. A teoloxía política do Papa Francisco.


Para facer posíbel o desenvolvemento dunha comunidade mundial, capaz de realizar a fraternidade a partir de pobos e nacións que vivan a amizade social, é necesaria a mellor política, posta ao servizo do verdadeiro ben común. Por desgraza, porén, a política hoxe adoita asumir formas que atrancan o camiño cara un mundo diverso 
(Fratelli Tutti, 154).


Así arrancaba o XXXV Foro Encrucillada, na presentación de Chema Fernández Vázquez. Na Asociación Encrucillada vemos a necesidade de facer fincapé nas formas de entender a Igrexa e o mundo que nos traslada Francisco. As súas reformas están a ter demasiadas resistencias dentro da Igrexa e Encrucillada, desde a nosa humildade, queremos alzar a nosa voz para apoiar unha Igrexa libre fronte aos poderes do mundo, unha igrexa mística e comprometida, con capacidade de denuncia profética.

A teoloxía política non é a politización da teoloxía. Por iso neste foro buscamos reflexionar sobre as implicacións políticas que ten toda afirmación teolóxica desde a lóxica evanxélica e a opción preferente polos máis pobres tal e como nolo ofrece nas súas cartas pastorais e encíclicas o Papa Francisco.

Tiñamos un pouco de medo a que a asistencia se vira minguada nestes tempos de post-covid, pero unha vez máis, a fidelidade das persoas amigas que encheron o Salón de actos do Colexio da Compañía de María de Santiago fíxose patente. Como novidade, este ano retransmitimos en directo, vía Imstagram, os relatorios do Foro, facilitando a asistencia a quen tivo difícil desprazarse a Compostela. Mesmo quen ese día tivo outras tarefas e non puido participar, poderá ver en diferido as diferentes intervencións na nosa canle de Youtube. ...e por suposto, para quen prefira un goce máis calmo e de vagar, máis reflexivo, o próximo número da revista Encrucillada publicará os contidos do Foro, como xa é habitual.

Abriu o tema Carlos García de Andoin Martín, un home implicado en moitos dos últimos cambios lexislativos deste país, mostrándonos a maneira de entender a xeopolítica desde as premisas do maxisterio do papa Francisco. Os xestos de Francisco responden a unha estratexia clara de cambio na forma de situarse ante os acontecementos políticos e sociais desde o lugar dos últimos, inspirado no funcionamento dos movementos populares. Andoin desmontou as falacias mediáticas que buscan desacreditar o pontificado de Francisco expoñendo a coherencia de todos os seus xestos, ordenados a unha visión da política ao servizo das persoas, de todas as persoas.

Logo Sebastián Mora Rosado, desde a súa experiencia nos lugares de exclusión e a cátedra académica, expuxo como entender a economía, a global e a particular, dun xeito novo, alternativo, desde a premisa clara de non deixar a ninguén fóra. Mostrounos que outro mundo é posible, que hai alternativa á orde económica mundial, que o mercado non é máis ca unha elaboración humana, e, como tal, pode ser modificado á nosa vontade.

Pola tarde, Isabel Vilalba Seivane, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, muller labrega implicada nos procesos de transformación que o noso rural vive e ofrece, achegou os postulados económicos e políticos do Papa Francisco á realidade social galega, poñendo corpo e terra ás propostas políticas do papa Francisco. Desde a ecoloxía do coidado, desde os nosos xeitos tradicionais de organización e produción, pódese vivir doutra maneira, máis sostible, máis responsable, máis respectuosa coa creación, máis cristiá.

Pechou a xornada a música de Bea a de Estrella, que percorreu a parte máis social e política do seu repertorio, ofrecéndonos algunha primicia do seu novo traballo, Mareira, en proceso de publicación.

No descanso da mañá, María Cancelo presentounos a Escola de Espiritualidade que tamén retoma a actividade presencial despois da pandemia iniciando un novo ciclo de catro anos. Tendes máis información no seu blog. https://escoladeespiritualidade.blogspot.com/

Tamén tivemos á disposición do público os últimos libros escritos por persoas do consello de Encrucillada: Na soleira do Deus da vida, de Manolo Regal, Cuando Dios habla no solo en masculino. La teología feminista, de Carme Soto Varela, e Oda a Xesús Cristo, de X
osé Antón Miguélez.

Un ano máis, non podemos máis que agradecer a asistencia e apoio das persoas que, cada ano, nos mostran a súa fidelidade e amizade. Encrucillada mantense viva grazas a elas.

Vémonos no XXXVI Foro, se Deus quer, o ano que vén!!


Marisa Vidal

Asoc. Encrucillada

viernes, 22 de octubre de 2021

Reencuentro con Pilar Wirtz


 Un gusto poder reencontrarnos con personas tan queridas como Pilar Wirtz, compañera  de la Red y cofundadora de la misma. A su paso por Madrid  aprovechamos al máximo para seguir tejiendo complicidades. Graciñas Pilar por tanto 

sábado, 16 de octubre de 2021

VII Foro cristiano de Zaragoza


La  revuelta  de mujeres en la iglesia será el tema del próximo Foro cristiano de Zaragoza. Nuestra compañera Marisa Vidal de  la Revuelta de Zaragoza  y la teóloga feminista mexicana  Andrea González  Benassini nos representarán a  todas en las ponencias. 

HASTA QUE LA IGUALDAD SE HAGA COSTUMBRE 

miércoles, 13 de octubre de 2021

XIV edición del Seminario de Acompañamiento. Primera Semana. Curso 2021


El pasado viernes 8 de octubre dimos fin a la primera semana presencial de la XIV edición del Seminario de Acompañamiento que la Red Miriam de Espiritualidad Ignaciana Femenina organiza conjuntamente con el Equipo Ruaj.

En esta ocasión, 14 mujeres, de diversas generaciones y orígenes, laicas y religiosas, se han reunido en el Centro de Espiritualidad de Salamanca, para comenzar un itinerario que durará dos años con períodos presenciales y trabajos intermedios. Nos guía un equipo de mujeres experimentado, ilusionado, acogedor, comprometido con el proyecto y con nosotras. Enfocado en torno a cuatro ejes (Antropología y psicología; Teología; Realidad; Discernimiento), esta primera semana presencial ha ido tejiendo vínculos entre las participantes, abriéndonos a la aventura de prepararnos para "acoger la Vida, acompañando la vida", con perspectiva, hondura, seriedad...Lo recibimos como tal, dispuestas a ir a fondo, adentro, a aprender a escuchar, acompañar...

Porque la escucha, el acompañamiento, pueden ser subversivos en las sociedades individualistas en que nos movemos... y pueden ser balsámicos para crear lazos de sororidad de calidad.

Así que ¡gracias, Red Miriam y equipo Ruaj!

Antonia Bogónez










viernes, 8 de octubre de 2021

Taller: " Mujeres en salida del confinamiento eclesiastico".


En el VII Encuentro de Redes cristianas a nivel estatal  la Revuelta  de Mujeres en la Iglesia ( Madrid) llevará a cabo el taller "Mujeres en salida del confinamiento eclesiástico". Recomendamos no perdérselo 

 https://www.facebook.com/105980877640385/posts/392624168976053/